Ud está aquí:
  1. INICIO
  2. Presentación

Presentación

O Plan de Dereitos Culturais é o instrumento co que o Ministerio de Cultura concretará a súa axenda de accións no ámbito dos dereitos culturais. Este plan detallará as actuacións que o Ministerio emprenderá, integrando un diagnóstico da situación actual, a identificación de obxectivos específicos que hai que alcanzar e as medidas concretas para o seu cumprimento.

En esencia, este plan pretende garantir que o conxunto da cidadanía poida acceder e gozar da cultura en condicións de igualdade, promovendo a diversidade cultural e protexendo os dereitos das e dos creadores e profesionais do sector.

Para iso, o Plan de Dereitos Culturais articularase a partir de trece eixes temáticos conectados entre si: desenvolvemento local e acción comunitaria, educación, mediación cultural, igualdade de xénero, diversidade étnico racial, diversidade lingüística, discapacidade, desigualdade, cultura interxeracional, sostibilidade e Axenda 2030, dereitos dixitais, avaliación de políticas culturais, e adecuación normativa e boas prácticas.

Para a elaboración do Plan de Dereitos Culturais, o Ministerio de Cultura abriu un amplo proceso de participación cuxa aposta é enriquecer de forma colaboradora e dende diversas perspectivas o contido do plan, que incluirá tanto un diagnóstico de situación, coma unha serie de propostas en ámbitos específicos. As achegas de participación serán diversas, integrando dende persoas expertas ata a sociedade civil, así como axentes sectoriais. Así mesmo, contará cunha serie de axentes que realizarán funcións de coordinación e dinamización para asegurar que a participación sexa áxil, inclusiva e produtiva. Tamén se contará coa Conferencia Sectorial de Cultura para canalizar as achegas das Comunidades Autónomas, así como encontros sectoriais.

Todo este proceso de elaboración desenvolverase ao longo dun ano coa previsión de presentar o texto definitivo en maio de 2025. O Plan de Dereitos Culturais será exposto, así mesmo, no marco do foro internacional de cultura Mondiacult 2025, impulsado pola UNESCO, que acollerá Barcelona a finais dese ano.

Vídeo presentación da folla de roteiro do Plan de Dereitos Culturais: Xornada inicio Plan de Dereitos Culturais Youtube

Subir