As relacións entre cultura e desenvolvemento sostible teñen amplos antecedentes no ámbito das políticas culturais territoriais e nas discusións multilaterais das Nacións Unidas. Durante os anos previos á sinatura da Axenda 2030 prodúcese unha ampla mobilización de recursos locais, nacionais e internacionais para negociar a incorporación da cultura na devandita axenda cun obxectivo específico que, malia todo, non se logra. A cultura concíbese entón como un eixe transversal nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e ten presenza específica nalgunhas metas dos ODS.
Neste contexto, tómase como referencia o informe da Relatora Especial sobre Dereitos Culturais da ONU de agosto de 2022 centrado na relación entre os dereitos culturais e o desenvolvemento sostible. Tal e como se detalla no devandito documento, os dereitos culturais protexen o dereito de cada persoa a desenvolver e expresar a súa visión do mundo e o sentido que dan á súa existencia e ao seu desenvolvemento mediante, entre outras cousas, os seus valores, crenzas, conviccións, linguas, coñecementos e artes, institucións e modos de vida. Os dereitos culturais tamén protexen o patrimonio cultural do individuo e dos colectivos, así como os recursos que permiten eses procesos de identificación e desenvolvemento.
Algunhas cuestións clave que recolle este informe son as seguintes:
O sistema cultural no seu conxunto adquire unha grande importancia para alcanzar os ODS da Axenda 2030, pero é necesario articulalo dentro desta e poñer en valor a súa contribución. A través das súas múltiples canles de expresión, a cultura asume un papel fundamental na difusión da Axenda 2030, sensibilizando e axudando a cidadanía a comprender os grandes retos que afronta a humanidade. Por outra parte, o sector cultural tamén constitúe un actor relevante para a consecución dunha práctica cultural sostible, pois os ODS invitan os axentes culturais a reflexionar, reinventarse, innovar e identificar novos públicos e audiencias potenciais.
As liñas de traballo que hai que desenvolver serían a seguintes: