Ud está aquí:
  1. INICIO
  2. Eixes temáticos
  3. Cultura interxeracional

Cultura interxeracional

Ao falar de interxeracionalidade, pensamos nas categorías empregadas para dividir as distintas etapas da vida: infancia, xuventude, adultez e terceira idade. Non obstante, esta clasificación etaria lévanos a unha reflexión relevante: se as marxes que as definen están construídas sobre variables tanxibles (acceso á vivenda, capacidade produtiva) ou intanxibles (nivel de estudos, herdanza educativa), atribuír causalidades entre prácticas culturais e grupos etarios é un exercicio problemático.

É dicir, aínda que é útil saber que persoas dunha mesma franxa de idade comparten un hábito cultural, non podemos construír políticas culturais asumindo que esa idade é a causa directa dese hábito. Para avanzar de xeito operativo, resulta útil entender as xeracións como categorías que “están”, non que “son”. Asumir que xorden como resultado dunha interdependencia de variables socioculturais e biolóxicas que cambian constantemente.

Neste contexto, dende este eixe traballarase arredor de cinco liñas de acción:

  1. Cultura ao longo da vida. Esta liña de acción pretende impulsar transformacións que garantan a equidade cultural dende a primeira infancia (0-8 anos) ata o final da vida.
  2. Democracia cultural. Esta liña aborda poder garantir a representatividade nos procesos e órganos de toma de decisións.
  3. Identidade dixital. En 2024, plataformas como TikTok convertéronse na maior escola de danza e a maior produtora de vídeo do mundo, con beneficios de democratización da arte, pero tamén con riscos como opacidade de algoritmos, tráfico de datos, ciberseguridade, adicción, trastornos de saúde mental e restricións creativas. É necesario afrontar estes desafíos para protexer e garantir os dereitos culturais de infancia, xuventude (nativos dixitais) e terceira idade (principais vítimas da fenda dixital).
  4. Primeiro e último emprego cultural. A precarización do emprego xuvenil resulta aínda máis grave no ámbito cultural, conectándose coa complexa realidade do emprego sénior, que se ve afectado pola falta de formación continua e oportunidades para perfís maiores de 55 anos, problemática acentuada en mulleres.
  5. Dereito a imaxinar. O verdadeiro poder transformador de abordar políticas culturais dende a interxeracionalidade alcánzase ao interpelar os imaxinarios que este feito xera ao interactuar coas diversas variables que afectan cada xeración.
Subir